
Enrejados de Galicia nace no ano 1920 en Ribadelouro (Tuy) baixo o agarimo e ilusión de D. José Rodríguez, sendo unha empresa dedicada a fabricación de somieres.
No 1950, o seu fillo D. Ángel Luis Rodríguez, decide ampliar a cota de mercado, e comeza o que hoxe en dia é Enrejados de Galicia, forxándose como unha empresa familiar desde os inicios, dedicada a fabricación, suministro e instalación de cerramentos metálicos.
A causa do fervente crecemento e demanda que tivo a empresa, D. Ángel Luis decide ampliar as instalacións, para ser máis adecuadas ao nivel de traballo que foi experimentando a empresa, dando lugar á construcción de dúas naves industriais na situación actual, o Polígono Industrial da Magdalena.
No ano 2.007, coa implantación dun proceso de produción a medida, convertémonos nunha das empresas de cerramentos mais produtivas de Galicia.
No 2.016 comezamos outro proceso de cambio, onde implantamos un novo sistema de control de stock, para poder dar un servizo máis eficiente e rápido.